Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Edicións do Cumio - Página 3

Encuentra, compara y compra productos de la marca Edicións do Cumio al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, características, fotos, precios y ofertas de artículos de la familia Edicións do Cumio. 79 productos disponibles en distintas categorías.

Novedades, outlet y ofertas en la sección Edicións do Cumio.

Mostrando 18 de 79 productos  (Mostrar todos)

ordenar por

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

Libro/C.D. Método de Gaita Galega II

25,00€22,50€

Segunda entrega do magnífico manual de ensino da gaita galega de Xaquín Xesteira. Neste caso o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complicadas e do mesmo xeito que no primeiro texto acheganos un CD cunha ampla selección deexercicios.

Libro / C.D. Para cantar e bailar. Luís Prego

25,00€

Libro de Luis Prego FernándezIlustracións: Serxio Cobos Martínez (il.)Edicións do Cumio72 páginas; 22x22 cmA grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.Ca chegada dos medios de comunicación masivos –e por riba de todos a televisión– e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude..O libro contén:-Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo.-Explicacións sinxelas da coreografías, Músicas adaptadas e partituras.-Contén un C.D. con música e vídeo

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€19,80€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

C.D. Sui Generis. Ancoradoiro

10,90€9,81€

Ancoradoiro conseguiu ser a agrupación de gaitas máis compacta e espectacular de Galicia. Será moi difícil igualar a súa calidade.

C.D. Nin canto nin tampouco. Ruote

11,50€10,35€

O quinteto de recompiladores de música tradicional Ruote amósanos neste traballo de impecable feitura un amplo abano de feitos musicais de tradición.

C.D. Luada

11,90€10,71€

Luada é un curioso grupo de música popular, da cidade de Vigo, que goza deleitándonos coas cantigas que recuperan da memoria máis rica do acervo popular.

C.D. Caloeiriña das Bouzas. Pallamallada

11,25€10,12€

Coa compaña de Pallamallada veremos nesta segunda entrega máis feitos musicais do denominado Cicro do Ano: Requinteiros, Cantos de pedreiros, Romances, Xaneiras, Oracións... 

C.D. De pano sedán

11,50€10,35€

 Ata 23 temas interpretados por magníficos gaiteiros como: Pablo Torneiro, S.Seivane, P. Carpintero, Anxo Pintos, Magoia, X.M Fernández, Ernesto Campos, X.L. Miguélez, Muxico, Pepe Romero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández.. Mestres, compositores, recompiladores e intérpretes de gaita galega.

C.D. Ardentía. Ardentía

12,50€11,25€

Primeiro traballo en solitario deste peculiar grupo de música galega. Todo un abano de posibilidades coas distintas instrumentacións tradicionais.

C. D. Agora cantámolas nós. Cantadeiras do Berbés

11,95€10,75€

Logo do éxito de "A roupa do mariñeiro", as Cantadeiras agasállannos cun bo ramallo de cantigas moi na liña do seu especial estilo popular.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Campaneiros de Vilagarcía

9,95€8,95€

Sen dúbida o cuarteto liderado polos irmáns Valiñas e Carballa, Os Campaneiros, constituíuse como un dos referentes fundamentais da música da gaita da segunda metade do s.XX. 

C.D. Ala que vai! Os carunchos

11,50€10,35€

Un cuarteto de música galega difícil de igualar, tódolos estilos e xéneros pasan polo seu repertorio.01 - O Caruncho-Pasodoble de Cereo02 - Romance do muiño03 - Muiñeiras da peloura04 - Maruxiña05 - A festa do boi06 - Imende07 - O meniño dorme08 - Rumba das mozas09 - Camiño de Ourense10 - Pasodoble de Sísamo11 - Jota de San Xoan12 - ¡ Ai, Mandilín !13 - Mazurca do cura14 - Ribeirana de Lira15 - Foliada insubmisa16 - Zumba17 - Pasodoble concurseiro

C.D. Isolma

11,50€10,35€

GS21 é unha compañía galega de baile e música que nace no 2005 da man dunha serie de músicos e bailadores formados na tradición galega pero cunha visión atemporal e moderna da mesma. No seu espectáculo, "Isolma", achegan infinidade de recursos sacados da tradición aos que se lle aplican novas lecturas intentando producir no espectador sentimentos e emocións que veñen do máis fondo da alma. "Isolma" está dispoñible en CD e en DVD, nunha gravación onde se recolle unha das primeiras postas en escena desta compañía.

C.D. Somos do Lérez. Os alegres

11,90€10,71€

Os Alegres de Pontevedra presentan outra pequena mostra do seu repertorio co único afán de preservalo, transmitilo e tamén, co de facer que quen escoite se achegue e goce da música galega, concretamente da que recollen os cuartetos tradicionais de gaita dende principios do século XX ata a actualidade. A selección de pezas presenta dúas vías de achega: por unha banda, melodías tradicionais que veñen sendo interpretadas por Os Alegres dende a súa formación alá polo ano 1939 ata hoxe; por outra banda as composicións actuais achegadas polos seus amigos e colaboradores.

C.D. Unha noite non é nada. Treixadura

11,50€10,35€

Terceiro traballo discográfico na carreira de TREIXADURA, UNHA NOITE NON É NADAsupón unha intencionada continuación de UNHA NOITE NO MUIÑO. Se no anterior proxecto aproveitamoso comenzo da copla para incidir na figura do muíño dentro da historia da música e da cultura galegas, nesta ocasión a copla serve de escusa para reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia.Este disco constitúe a nosa particular contribución á difusión da música e das melodías de grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza. Queremos ser parte desa cadea de transmisión que, concerto tras concerto, noite tras noite, dá a coñecer un repertorio musical que ven a ser parte importante desa cultura que nos define como galegos.

C.D. Ávrego. Iván Costa

11,50€10,35€

Cunha compensada mestura entre melodías compiladas de cancioneiros e gaiteiros tradicionais e as súas propias creacións, Iván Costa confirma que está entre os grandes da música galega.

C.D. Trece. Tangata

13,00€11,70€

Tangata consolídase como unha das formacións de tango contemporáneo máis importantes do mundo. Interpretan a tódolos compositores do xénero.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.