Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Edicións do Cumio

Encuentra, compara y compra productos de la marca Edicións do Cumio al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, características, fotos, precios y ofertas de artículos de la familia Edicións do Cumio. 79 productos disponibles en distintas categorías.

Novedades, outlet y ofertas en la sección Edicións do Cumio.

Mostrando 79 de 79 productos

ordenar por

Libro/ C.D. De Pano Sedán - Imagen 1

Libro/ C.D. De Pano Sedán

45,00€

Libro de grande formato, que inclúe un CD cos mellores intérpretes de gaita do noso país: Magoia Bodega, Ernesto Campos, Pablo Carpintero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xosé Manuel Fernández, Pablo López Torneiro, Xosé Luís Miguélez, Manoel Muxico, Anxo Pintos, Pepe Romero e Susana Seivane. Publícanse case 300 páxinas de partituras dos autores, con 21 temas gravados por eles no CD e as biografías dos autores e intérpretes.
Libro. Solo de Gaita - Imagen 1

Libro. Solo de Gaita

45,00€

Esta obra pretende ser unha recompilación das composicións de Xesús Vaamonde Manteiga para gaita (nas versións de dúo e solista). O libro acompaña as partituras e comentarios do autor sobre as mesmas, unha pequena «Guía de Audición» e un CD onde se poden escoitar os temas.

Libro. Agustín Lorenzo Loroño

45,00€40,50€

Sinopsis:A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse -cando menos- un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose -ademais- de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.Título: Agustín Lorenzo Loroño o gaiteiro de CatoiraEditorial: CUMIOAño de publicación: 2009Encuadernación: Hardcover 

Libro poesía. De sombras e poemas que son casas. Xosé María Álvarez Cáccamo

15,00€13,50€

DE SOMBRAS E POEMAS QUE SON CASAS (INCLUE CD).A miña nai na praia, tarde turba de ondas a ferver. A miña nai quebrada, brinquedo de latón contra os muros do mar. Que non se entende a música do tempo, onde estarei cando o meu fillo poña neste verso aquela tarde furna, o vento escuro no estupor da luz

Libro poesía. Nacer é unha república de árbores. Chus Pato

15,00€13,50€

Nacer é unha república de árboresAntoloxía poética sonora (INCLUE CD)Autora: Chus Pato.     

Libro. Saberes indígenas. Estudios sobre los Tibetanos, los Navajo, y los aborígenes australianos.

24,00€21,60€

Nechung, el oráculo de Estado tibetano que jamás se ha equivocado; Sam Begay, el hombre medicina que cura con la belleza y Emily Kame Kngwarreye, la «Matisse del desierto australiano», son los guías de este estudio inédito llevado a cabo en el corazón de los saberes indígenas. Tres iniciadores, tres pueblos, tres temas: la profecía, la salud y el arte. Sylvie Crossman y Jean-Pierre Barou han tenido un gran contacto con estos maestros, han recibido sus confidencias, han compartido su vida y sus ceremonias en las estribaciones del Himalaya, en las llanuras de Arizona y en los confines de Australia. No son ni viajeros en busca de exotismo ni etnólogos cargados de prejuicios. Ni los siguen a ciegas, ni se compadecen de ellos. Son nuevos exploradores. Con ellos descubriremos que la sabiduría ancestral es un conocimiento verdadero. Además, actualmente, los científicos más prestigiosos otorgan validez a los saberes indígenas. Occidente se plantea cuestiones y la Naciones primigenias ofrecen respuestas. Estamos a las puertas de una nueva revolución copernicana.

Libro. Canción de Nadal.

9,95€8,95€

Autor: CHARLES DICKENSTraducción e ilustracións: ROSA FUENTES.En Edicións do Cumio podemos atopar a clásica novela de Charles Dickens, Canción de Nadal, adaptada e ilustrada por Rosa Fuentes e protagonizada polo avarento señor Scrooge e os xa célebres espíritos do Nadal Pasado, do Nadal Presente e do Nadal Futuro. Un cálido relato que nos convida a tomar en consideración as cousas que realmente teñen un gran valor na vida. O señor Scrooge vive sumido na súa cobiza e semella odiar a todo aquel que é feliz. Non ten amigos, non visita nunca a súa escasa familia, só se preocupa por gañar máis e máis cartos e ningunha caridade semella conmover o seu corazón, nin sequera no Nadal. Pero aínda está a tempo de mudar, ou iso intentarán facerlle ver os tres espíritos que o visitan nesta noite tan especial. 

Libro infantil. Soñei que era unha árbore

12,95€11,65€

MARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWANon é nada aburrido ser unha árbore, rodeado de animais e xogando co vento e as sombras do sol entre as túas pólas. A noite que Lucas soñou que era unha árbore non sabía que estaba soñando algo realmente especial: un soño no que todos amaban a Natureza e a respectaban.

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón

12,95€11,65€

Cando escoito o teu corazónMARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWACando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia! E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.

Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos.

12,95€11,65€

Se Lucas non pode durmir súa nai senta ao seu carón e cóntalle un conto no que el é o protagonista. Xuntos da man pasean polo bosque e baixo a luz da lúa descobren que se pode ser ao mesmo tempo grande e pequeno.

Libro. O trasmundo de Antioqía. Rafael Laso

20,00€18,00€

RAFAEL LASO LORENZOUn mapa do século XVIII no que se agocha un segredo. Unha carta escrita por un home ás portas da morte. A antiga lenda dunha cidade asolagada baixo as augas da lagoa de Antela. Unhas antigas torres que protexen e limitan un mundo diferente. Un mundo onde se agochan os exércitos de cínifes que seguen a agardar polo seu rei Artur. Un mundo no que o tempo non existe. Un mundo no que, de atopar a entrada, acadas algo inimaxinable: a inmortalidade. 

Libro. Arte rupestre en Galicia

25,00€22,50€

AUTORES: ANTONIO DE LA PEÑA SANTOS , BUENAVENTURA APARICIO CASADO , FERNANDO CARRERA RAMÍREZ 50 fichas con más de 200 ilustraciones de los hallazgos más representativos del arte rupestre en Galicia. El arte rupestre gallego, plasmado en el interior de las cámaras megalíticas y en los grabados al aire libre, comienza a ser valorado como uno de los elementos patrimoniales más valiosos del país, capaz de concitar el interés del gran público. Esta guía está concebida para acercarse a esta manifestación cultural de un modo fácil y ameno. Un amplio aparato gráfico —que incluye la localización— y textos directos y precisos facilitan al lector la visita y la comprensión de un mundo en el que el simbolismo se erige en el principal protagonista. Los autores, Buenaventura Aparicio Casado, Fernando Carrera Ramírez y Antonio de la Peña Santos, son reconocidos expertos en la investigación y divulgación del arte rupestre. 

Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci

9,95€8,95€

Autora: ROSSANA CASANO PALADINOUnha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazara sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras... Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.

Libro. Lendas de Ourense. Miguel Mosquera Paans

29,95€26,95€

Desde tempos inmemoriais os pobos foron transmitindo os seus coñecementos, xeración tras xeración a través de historias que exemplifican o saber acumulado. Sobre esa base vivencial e práctica na que se ven inmersos os personaxes das distintas historias, destílase unha sabedoría que sustenta as accións que foron resoltas con maior enxeño. Recompilar un volume destas características, facelo ademais cun límite territorial como se fai neste libro, non é só o resultado dun traballo inxente. Tamén resulta un traballo sociolóxico e de coñecemento de todo un pobo. De aí o seu valor, as historias recollidas aquí viaxaron desde os primeiros séculos da nosa era até os nosos días, pasando oralmente de xeración en xeración até chegar a nós co valor engadido que lle proporciona un gran número de interpretacións que acompasaron a evolución social e tecnolóxica. Agora cando por fin quedan escritas transfórmanse nun patrimonio da cultura que os nosos maiores nos ofrecen como legado. 

Libro. Historia de Galicia. David Pérez López

24,95€22,45€

A novidade que ofrece este libro é a alusión á formación da Terra e como nese primeiro gran continente, Panxea, comprobamos que Galicia estaba situada no mesmo centro. A información xeolóxica e biolóxica non é a habitual nos libros de historia, como tampouco é citar a existencia de dinosauros e, máis adiante, das primeiras poblacións de Neanderthais e Homo Sapiens. Este volume revisa e actualiza datos históricos de relevancia. Unha historia de Galicia que chega ata o presente.Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século XX, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar.

15,00€13,50€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

Libro. Xogos predeportivos. A iniciación deportiva

12,00€10,80€

Autores:RITA M.ª DÍEZ RECHOU , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN-Os xogos predeportivos son aqueles que nos introducen na práctica dun deporte, son sinxelos, con poucas regras e teñen certa similitude cos deportes aos que están destinados. O xogo e os deportes son uns dos contidos primordiais no currículo de Educación Física, tanto na etapa de primaria coma na de secundaria. Por todo iso, e para abordar estes bloques de contidos, é interesante que a introdución á práctica de calquera deporte se poida facer con xogos orientados a tal fin. Iremos do sinxelo e fácil ao máis complexo, mediante unha progresión do xogo cara ao deporte. Xogos de atletismo, de baloncesto, de voleibol, de balonmán, de fútbol sala, de rugby, de hóckey, de hóckey patíns, de bádminton, de ximnasia artística e deportiva, de tenis, de judo, de béisbol, con patíns, patinete e monopatín e con bicicleta.

Libro. Escolma poética de Rosalia de Castro

12,50€11,25€

AUTORES: EVA DEL VALLE , FRANCISCO BLANCO SANMARTÍNOfrecemos unha selección da poesía rosaliana, un percorrido cronobiográfico e un estudio da súa poética.

Libro. Galicia, leyendas desde el confín del mundo. Miguel Mosquera Paans

12,95€11,65€

Galicia, leyendas desde el confín del mundoMIGUEL MOSQUERA PAANSDesde las brumas del tiempo, transmitido por generaciones a través de los siglos, Galicia posee un rico legado de tradiciones orales que han llegado hasta nuestros días, perpetuándose en un territorio conocido desde la noche de los tiempos como el confín del mundo. Lugar donde se alza el antiguo altar del Sol bañado por la Costa da Morte donde cada día se venera la muerte del astro rey. Tierra llena de misterio y leyendas que evocan un destino cargado de magia, donde sus moradores comparten su vieja identidad y saber con quien esté dispuesto a conocerlos. 

Libro Guía de los castros de Galicia

25,00€22,50€

GUÍA DE LOS CASTROS DE GALICIAFRANCISCO LUÍS BOLUDA BARREIRO , MANUEL REBOREDO TAXES , XOSÉ RAFAEL DORRIBO CAOPorque Galicia es un viejo país que viene de tiempo atrás. Porque aún quedan mitos sin contrastar con rigor científico. Porque alrededor de la cultura castrexa son muchas las ignorancias y los mundos por descubrir. Por estas y algunas razones más, era necesaria una «Guía de los castros de Galicia». Los autores dan respuesta alas preguntas que nos podemos hacer sobre los castros: qué son? cómo vivían nuestros antepasados? que ídolos adoraban?... Completa la guía unha descrición de los castros más importantes de Galicia —Santa Tegra, Baroña, San Cibrán de lás...—, cómo se llega a ellos, que se encontró ...

Libro Guía. Cogomelos dunares do litoral atlántico galego.

17,00€15,30€

AUTOR: J. M. C. MARCOTEOs sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional. 

Libro Guía. A Nosa Botica.

22,00€19,80€

Plantas con interese medicinal que podemos atopar no noso entorno. • Recolección • Partes utilizadas da planta • Preparacións domésticas • Enfermidades máis habituais e o seu tratamento Moitas son as sentenzas nas que descansa a medicina natural. Desde as súas orixes, o home intentou loitar contra a súa mortalidade e a fraxilidade da súa condición. Nun principio invocando entidades ás que lles atribuía un poder, suplicándolles ou esixindo unha resposta verbo da súa propia saúde, a cambio dunha dádiva ou ofrenda.Escritor: Miguel Mosquera Paans.Ilustrador: Ana Nieto AtanesTraductor Ana Nieto Atanes

C.D. Serán en Toutón. Pandereteiras de Toutón

15,90€14,31€

PANDEIRETEIRAS DE TOUTÓNToutón é xa sinónimo de canto e pandeireta en toda a terra galega, pola súa riquísima tradición. Situada ao norte do concello de Mondariz , enmarcada nunha grande área do interior-sur da provincia de Pontevedra, onde a música tradicional, e sinaladamente o canto. Entre os meses de novembro e marzo, cando os días son curtos e o traballo ía afrouxando, a mocidade das aldeas xuntábase para facer ela mesma un baile onde cantar, tocar e, sobre todo, namorar. Estes bailes recibían moi diversos nomes dependendo da zona: ruada, foliada, fiadeiro, polavila, trisca… e, nas comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e algún concello lindeiro máis, a estes bailes de pandeireta invernais adóitaselles chamar seráns.

C.D. No Ramo de Herbón. Os Terribles

11,60€10,44€

OS TERRIBLESOs terribles de Arousa continúan na súa laboura de amosar o repertorio máis representativo dos gaiteiros populares das bisbarras galegas. 

C.D. No toldo de San Cibrán. Os Terribles

11,90€10,71€

OS TERRIBLESCon esta terceira entrega Os Terribles de Arousa convértense nun dos grupos máis relevantes da recompilación e mostra da música galega.

C.D. Esta noite hai un serán. Varios grupos

11,50€10,35€

ARREIXEIRA , LICEO DE NOIA , LIMAGOIA , SILOURAS , TAHUME , ZALOIRASeis grupos de cantadoras (Silouras, Arreixeira, Zaloira, Limagoia, Tahume e Liceo de Noia) dirixidas por Montse Rivera e Felisa Segade (Leilía) ofrécennos neste traballo unha mostra de música tradicional galega.

C.D. VI Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva

10,90€9,81€

VARIOS AUTORESEn 1993 Miguel Martínez Chapela tivo a iniciativa de organizar un concurso de gaiteiros en lembranza de Manuel Villanueva, o gaiteiro de Poio. O proxecto foi ben recibido e este certame denominouse Concurso de gaiteiros Solistas Memorial "Manuel Villanueva". En 2006 Oscar Ibáñez recupera este concurso como unha das actividades do I Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva. Gaitas de fol do noroeste. No VI Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva participaron conxuntos de toda Galicia. Este CD contén a gravación en directo do concurso. 

C.D. III Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva

11,95€10,75€

III Concurso de Gaiteiros Manuel VillanuevaVARIOS AUTORESEn 1993 Miguel Martínez Chapela tivo a iniciativa de organizar un concurso de gaiteiros solistas en lembranza de Manuel Villanueva, o gaiteiro de Poio. O proxecto foi ben recibido e este certame denominouse Concurso de Gaiteiros Solistas Memorial Manuel Villanueva. En 2006 Oscar Ibañez recupera este concurso como unha das actividades do I Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva. Gaitas de fol do Noroeste. No III participaron nove conxuntos de toda Galicia. Este CD contén a gravación en directo do concurso. 

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Areeiras

9,95€8,95€

Os Areeiras, grupo formado en 1943, mantiveron a súa actividade ata a década de 1980.Este documento de audio é das escasas referencias gravadas ata hoxe do brillante cuarteto das Rías Baixas. 

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Julio Vázquez Carril

9,95€8,95€

Julio Vázquez é un expoñente da música tradicional da comarca de Arzúa. Neste traballo ofrécenos o seu repertorio máis granado no que acompaña cunha decena de temas cantados de grande interés etnográfico.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Alegres.

9,95€8,95€

OS ALEGRESHerdeiros directos do fundador do grupo, Alejo Aboal, estes músicos ofrécennos o repertorio inicial dos anos corenta.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. José Fernández Canosa

9,95€8,95€

José Fernández Canosa “O ghaiteiro do Piñeiro”BRISAS DO RÍO ULLA , JOSÉ FERNÁNDEZ CANOSAEngádese á colección Os nosos Gaiteiros este volume dedicado a José Fernández Canosa, "O ghaiteiro do Piñeiro", músico da parroquia canguesa de Aldán. El foi un dos fundadores do lendario grupo Airiños do Piñeiro, á marxe de participar como gaiteiro en cuartetos do Morrazo como os Airiños do Mar do Hío, os Airiños do Castelo ou os Airiños do Liboeiro. Pero un dos labores máis destacables de José é o mantemento da tradición dos Cantos de Reis e as Dansas de Carnaval que se conservan na parroquia, tradición que ten tamén representación neste disco. Na gravación deste traballo interveñen xunto con José outros músicos populares que, con el, manteñen aínda vivos os xéneros populares característicos do Nadal e do Entroido.

C.D. V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva

11,20€10,08€

Temas da obra:01 - Canto - Río de Anxo02 - Muiñeira das Xiadas03 - Xocas04 - Foliada de Berducido - Polca dos Areeiras05 - Acuarela de Combarro06 - Xota de Pontevedra07 - Cantar de Ronda do Caurel - Alborada de Poio08 - Xota de Lamalonga - Muiñeira de Atox (Ourense)09 - Muiñeira - Xota10 - Eu quero...11 - Amencer en Fisterra12 - CMG 470. de Lalín - Prieguiceira13 - A Rufina - Miruqueira14 - Estrela que brila15 - Muiñeira de Ponte Sampaio16 - Foliada de Padrenda - Muiñeira de Valdeferreirós17 - O soño da papuxa18 - Xota para Ourense19 - Marcha do Corpus de Pontevedra - Fandango de Villanueva20 - Noitébrega21 - Alalá nº 1 - Fandango de Manuel Villanueva22 - Muiñeira para Devigo

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Pablo Carpintero.

9,95€8,95€

CONTENIDO:1- Muiñeira (A Limia)2- Xota (A Limia)3- Medio Paso (A Limia)4- Muiñeira e Alalá (Pontevedra)5- Xota asubiada (Pontevedra)6- Muiñeira (Terras da Ulla)7- Pasodoble (Terras da Ulla)8- Muiñeira (A PAradanta)9- Muiñeira (Arzúa e Terra de Melide)10- Xota (ARzúa e Terra de Melide)11- Muiñeira, Treboada e Chiqui-chiqui (Baixo Miño)12- Cantar por Asturias (A Fonsagrada)

Libro / C.D. Traca-Traco

25,00€22,50€

Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense.Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso Otero Regal.CONTIDO:— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo

Libro /C.D. Os Xogos Musicais

25,00€22,50€

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”. Contén un CD con 38 cancións.

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

Libro/C.D. Método de Gaita Galega II

25,00€22,50€

Segunda entrega do magnífico manual de ensino da gaita galega de Xaquín Xesteira. Neste caso o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complicadas e do mesmo xeito que no primeiro texto acheganos un CD cunha ampla selección deexercicios.

Libro / C.D. Para cantar e bailar. Luís Prego

25,00€

Libro de Luis Prego FernándezIlustracións: Serxio Cobos Martínez (il.)Edicións do Cumio72 páginas; 22x22 cmA grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.Ca chegada dos medios de comunicación masivos –e por riba de todos a televisión– e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude..O libro contén:-Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo.-Explicacións sinxelas da coreografías, Músicas adaptadas e partituras.-Contén un C.D. con música e vídeo

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€19,80€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

C.D. Sui Generis. Ancoradoiro

10,90€9,81€

Ancoradoiro conseguiu ser a agrupación de gaitas máis compacta e espectacular de Galicia. Será moi difícil igualar a súa calidade.

C.D. Nin canto nin tampouco. Ruote

11,50€10,35€

O quinteto de recompiladores de música tradicional Ruote amósanos neste traballo de impecable feitura un amplo abano de feitos musicais de tradición.

C.D. Luada

11,90€10,71€

Luada é un curioso grupo de música popular, da cidade de Vigo, que goza deleitándonos coas cantigas que recuperan da memoria máis rica do acervo popular.

C.D. Caloeiriña das Bouzas. Pallamallada

11,25€10,12€

Coa compaña de Pallamallada veremos nesta segunda entrega máis feitos musicais do denominado Cicro do Ano: Requinteiros, Cantos de pedreiros, Romances, Xaneiras, Oracións... 

C.D. De pano sedán

11,50€10,35€

 Ata 23 temas interpretados por magníficos gaiteiros como: Pablo Torneiro, S.Seivane, P. Carpintero, Anxo Pintos, Magoia, X.M Fernández, Ernesto Campos, X.L. Miguélez, Muxico, Pepe Romero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández.. Mestres, compositores, recompiladores e intérpretes de gaita galega.

C.D. Ardentía. Ardentía

12,50€11,25€

Primeiro traballo en solitario deste peculiar grupo de música galega. Todo un abano de posibilidades coas distintas instrumentacións tradicionais.

C. D. Agora cantámolas nós. Cantadeiras do Berbés

11,95€10,75€

Logo do éxito de "A roupa do mariñeiro", as Cantadeiras agasállannos cun bo ramallo de cantigas moi na liña do seu especial estilo popular.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Campaneiros de Vilagarcía

9,95€8,95€

Sen dúbida o cuarteto liderado polos irmáns Valiñas e Carballa, Os Campaneiros, constituíuse como un dos referentes fundamentais da música da gaita da segunda metade do s.XX. 

C.D. Ala que vai! Os carunchos

11,50€10,35€

Un cuarteto de música galega difícil de igualar, tódolos estilos e xéneros pasan polo seu repertorio.01 - O Caruncho-Pasodoble de Cereo02 - Romance do muiño03 - Muiñeiras da peloura04 - Maruxiña05 - A festa do boi06 - Imende07 - O meniño dorme08 - Rumba das mozas09 - Camiño de Ourense10 - Pasodoble de Sísamo11 - Jota de San Xoan12 - ¡ Ai, Mandilín !13 - Mazurca do cura14 - Ribeirana de Lira15 - Foliada insubmisa16 - Zumba17 - Pasodoble concurseiro

C.D. Isolma

11,50€10,35€

GS21 é unha compañía galega de baile e música que nace no 2005 da man dunha serie de músicos e bailadores formados na tradición galega pero cunha visión atemporal e moderna da mesma. No seu espectáculo, "Isolma", achegan infinidade de recursos sacados da tradición aos que se lle aplican novas lecturas intentando producir no espectador sentimentos e emocións que veñen do máis fondo da alma. "Isolma" está dispoñible en CD e en DVD, nunha gravación onde se recolle unha das primeiras postas en escena desta compañía.

C.D. Somos do Lérez. Os alegres

11,90€10,71€

Os Alegres de Pontevedra presentan outra pequena mostra do seu repertorio co único afán de preservalo, transmitilo e tamén, co de facer que quen escoite se achegue e goce da música galega, concretamente da que recollen os cuartetos tradicionais de gaita dende principios do século XX ata a actualidade. A selección de pezas presenta dúas vías de achega: por unha banda, melodías tradicionais que veñen sendo interpretadas por Os Alegres dende a súa formación alá polo ano 1939 ata hoxe; por outra banda as composicións actuais achegadas polos seus amigos e colaboradores.

C.D. Unha noite non é nada. Treixadura

11,50€10,35€

Terceiro traballo discográfico na carreira de TREIXADURA, UNHA NOITE NON É NADAsupón unha intencionada continuación de UNHA NOITE NO MUIÑO. Se no anterior proxecto aproveitamoso comenzo da copla para incidir na figura do muíño dentro da historia da música e da cultura galegas, nesta ocasión a copla serve de escusa para reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia.Este disco constitúe a nosa particular contribución á difusión da música e das melodías de grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza. Queremos ser parte desa cadea de transmisión que, concerto tras concerto, noite tras noite, dá a coñecer un repertorio musical que ven a ser parte importante desa cultura que nos define como galegos.

C.D. Ávrego. Iván Costa

11,50€10,35€

Cunha compensada mestura entre melodías compiladas de cancioneiros e gaiteiros tradicionais e as súas propias creacións, Iván Costa confirma que está entre os grandes da música galega.

C.D. Trece. Tangata

13,00€11,70€

Tangata consolídase como unha das formacións de tango contemporáneo máis importantes do mundo. Interpretan a tódolos compositores do xénero.

C.D. Rumbadeira. Rumbadeira

9,95€8,95€

Rumbadeira é un fato de músicos recompiladores de música, cantigas e baile tradicional galego dispostos a ofrecernos o máis brillante do seu traballo.

C.D. Se beillas arrente coidado cos terróns. Xistra de Coruxo

10,90€9,81€

O grupo de música tradicional Xistra de Coruxo (Vigo) amósanos neste seu primeiro traballo as melodías máis representantivas do Baixo Miño.

C.D. Homenaxe a número cinco. Contracocheno

11,95€10,75€

Marcha procesional dos de pontevedra.Homenaxe a número cinco.Muiñeira da Gandariña.Pasodobre de Benbrive.Valse para o meu amigo.Muiñeira do Monte Calvario.Rumba para Vane.Xota do Cocheno.Muiñeira para Nuria.Pasodobre da Rianxeira.Xota de Aires Galegos.Xarela Fermosa.A ponte do río Groba.Homenaxe ao Chupacabras.

C.D. As fontes musicais. Juanjo Fernández

11,50€10,35€

Juanjo Fernández é un peculiar e magnífico recompilador e divulgador da música galega. Cualificado gaiteiro é un dos primeiros reivindicadores da antiga técnica denominada "pechado". A sensibilidade amosada polos feitos musicais da tradición fai que reincorpore no seu repertorio melodías interpretadas a voz e acompañadas por distintos instrumentos percutivos como é o pandeiro, a pandeira e a pandeireta.01 - Alborada de Rosalía de Castro02 - Jota de Sandra03 - Cileiro de Castonsa04 - Jota de Seaia05 - Muiñeira de Biouteiro06 - Jota de García07 - Muiñeira de Pontesampaio08 - Jota de San Miguel09 - Muiñeira da Fontesanta10 - Jota de Soutelo11 - Moliñeira de Vilar de Mouros12 - Jota lucense13 - Muiñeira do festival14 - Os olliños da miña nena15 - Muiñeira de García16 - Jota do Vilarón17 - Aí,Maruxiña,non bebas viño18 - Curru-cu-cu-cú

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Ramón Sumay

9,95€8,95€

Ramón Sumay fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira. Neste disco ofrécenos un documento con gravacións inéditas do seu repertorio, fundamental na música popular de Galicia.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Encantiños do Umia.

9,95€8,95€

Estes músicos foron dos últimos gaiteiros vellos en activo nas terras do Salnés. Gaiteiros das Rías Baixas, denominación de orixe.

C.D. Brincadeira - Brincadeira

11,50€10,35€

Logo de cumprir máis de 60 anos o grupo de música e baile tradicional Brincadeira ofrécenos un percorrido cronolóxico polo seu repertorio.

C.D. A Chave Do Cerne. Anamoura

11,00€9,90€

A peculiaridade instrumental deste trío é sorprendente; guitarra, zanfona, percusión e voz, conseguindo que percibamos a esencia da música galega.

C.D. Na Seitura Do Barroso. Pallamallada.

11,95€10,75€

Pallamallada é o primeiro referente como grupo de mostra de música tradicional de Galicia. Neste CD descubriremos outro folclore.Temas da obra:1 - Danza de xigantes da Pobra // 2 - Canto de seitura-muiñeira // 3 - Romance de cego // 4 - Gala de vodas5 - Mazurca con acordeón // 6 - Reis de Moscoxo-Danzas // 7 - Marcha procesional // 8 - Canto de laboura-muiñeira con birimbau // 9 - Xota-muiñeira // 10 - Fox-trot // 11 - Pregón de afiador // 12 - O burro da tía Lola// 13 - Danza de entroido.

C.D. Quince Anos De Viaxe. Ardentía

11,90€10,71€

Logo de quince anos de andaina, o grupo de música folk Ardentía achéganos unha cuarta entrega da súa produción discográfica. Trátase dunha aposta madurada onde a súa calidade artística queda sobradamente demostrada.

C.D. Ruído Branco. Liorna

11,90€10,71€

Segundo traballo de Liorna. As esencias tradicionais desenvólvense entre acenos pop e brillos clásicos que conforman un son propio e característico.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. José Rodríguez Santalla

9,95€8,95€

Este C .D. presenta unha escola do repertorio de José da Lagúa, representante da arte gaiteira da zona fronteiriza entre Galicia e Asturias. Inclúe tamén unha pista de vídeo e un completo texto de introdución feito por Juanjo Fernández.

C.D. Os Nosos Gaiteiros - Francisco Villarino Ojeda

9,95€8,95€

O gaiteiro de Escornabois é outro dos grandes mestres da gaita de fol que aínda fican entre nós. É un dos últimos representantes do estilo adoitado polos gaiteiros da Limia polo que este traballo debémolo considerar como un documento imprescindible cara ao coñecemento dos distintos rexistros interpretativos da música de gaita.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Manuel Viqueira

9,95€8,95€

Manuel Viqueira é un gaiteiro xenuíno, dos últimos representantes do oficio puro, que conserva un dos estilos máis peculiares de Galicia.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. José Marentes

9,95€8,95€

A Fonsagrada é terra de gaiteiros peculiares polo seu xeito de tocar. Pablo Carpintero preséntanos nesta entrega a José Marentes. Inclúe vídeo.

C.D. Os nosos Gaiteiros - Clemente Díaz López

9,95€8,95€

Recolle pezas do variado repertorio deste sobranceiro gaiteiro de Vilouxín (Negueira de Muñiz) coñecido polo alcume O Ferreira en referencia...

C.D. Os Nosos Gaiteiros - A Requinta De Xián

9,95€8,95€

A Requinta é como se denominan as agrupacións de gaita e requinta nas terras do Ulla. Os de Xián son músicos novos pero doctos na interpretación das melodías da comarca.

C.D. Os Nosos Gaiteiros - A Gaita de Sarandón

9,95€8,95€

En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Un grupo de músicos novos recuperon con eles vellas tradicións musicais da Ulla formando o grupo A gaita de Sarandón. Da recuperación da requinta saiu o disco Requinteiros da Ulla. 

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Darío Díaz Rivas

9,95€8,95€

Neste rexistro fonográfico, o gaiteiro Darío Díaz Rivas, natural de Ribeira de Piquín (Lugo), deixa a impronta do seu inconfundible estilo, ...

C.D. Os Nosos Gaiteiros. Os Terribles De Arousa -

9,95€8,95€

Os Terribles adican este traballo discográfico ao repertorio inédito de gaiteiros da comarca do Salnés, especialmente ao dos Campaneiros.

C.D. Liorna - Liorna

11,80€10,62€

Liorna é un dos grupos que sobrevivíu á criba logo da eclosión de grupos folk en Galicia. Indubidablemente, a súa constancia e calidade determinaron o éxito.

C.D. Foliada nas Rías Baixas - Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre

11,95€10,75€

Un dobre Cd no que diversos nomes da música folk renden homenaxe a Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón, un dos máis grandes representantes e transmisores do arte do toque pechado, cuxa influencia en xeracións posteriores de gaiteiros foi notable. O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por diversos artistas entre os que se atopan Oscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros moitos.

C.D. De Ruada en Bos Aires. A Curuxa

11,50€10,35€

Grupo de música tradicional galega de Bos Aires. No traballo apreciamos unha recompilación de feitos musicais que os emigrantes galegos levaron na maleta, así como as adaptacións que sufriron as músicas ao estar en contacto cun entorno cultural tan especial. 

C.D. Sarahyba. Liorna

13,50€12,15€

No novo traballo de Liorna, o grupo volve ás estruturas e temas das cancións da súa orixe, pero engadíndolle novas sonoridades que reforzan as melodías. De novo as súas letras volven encherse dunha precisa combinación de feitura tradicional e vitais metáforas. O album conta con dez cancións e inclúe dous temas que forman parte do espectáculo Galécia, nos que Orquestra Sinfónica de Melide dirixida por Fernando V. Arias.

C.D. Os Nosos Gaiteiros. César Fernández. Trompa e Gaita

9,50€8,55€

Pablo Carpintero preséntanos a César Fernández como gran gaiteiro e tamén como un dos últimos intérpretes de trompa. Inclúe vídeo.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.