Tutú Danza. Vestimos la danza.

Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Compartir:

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño(Edicións do Cumio)

  • 35,00La modalidad de envío puede variar el importe final del pedido.
  • Ref.: Agustín Lorenzo LoroñoMarca:Edicións do CumioEN STOCK
  • envío desde 4,00*

Comprar Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño por 35,00. Producto en stock, recogida en tienda y envío desde 4,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño referencia Agustín Lorenzo Loroño, pertenece a la categoría Libros (40) y a la marca Edicións do Cumio (81).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño en "Libros".

Información

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.
 

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Productos similares

Libro / C.D. De aquí para alá. - Imagen 1

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

Libro Guía. Cogumelos de Galicia e do Noroeste Peninsular

35,00€29,75€

Cogomelos de Galicia e do Noroeste PeninsularJ. M. C. MARCOTE , J. M. TRABA , M. POSECogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que desexan achegarse á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste peninsular, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é 500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular.
Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos. - Imagen 1

Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos.

12,95€

Se Lucas non pode durmir súa nai senta ao seu carón e cóntalle un conto no que el é o protagonista. Xuntos da man pasean polo bosque e baixo a luz da lúa descobren que se pode ser ao mesmo tempo grande e pequeno.
Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci - Imagen 1

Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci

9,95€

Autora: ROSSANA CASANO PALADINOUnha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazara sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras... Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario lexico do mar.

15,00€12,00€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.
Libro/C.D. Método de Gaita Galega II - Imagen 1

Libro/C.D. Método de Gaita Galega II

25,00€

Segunda entrega do magnífico manual de ensino da gaita galega de Xaquín Xesteira. Neste caso o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complicadas e do mesmo xeito que no primeiro texto acheganos un CD cunha ampla selección deexercicios.

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.