Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Compartir:

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño(Edicións do Cumio)

  • 31,5035,00La modalidad de envío puede variar el importe final del pedido.
  • -10%
  • Ref.: Agustín Lorenzo LoroñoMarca:Edicións do CumioEN STOCK
  • envío desde 5,00*

Comprar Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño con 10,00% de descuento por 31,50 (antes 35,00). Producto en stock y envío desde 5,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño referencia Agustín Lorenzo Loroño, pertenece a la categoría Libros (42) y a la marca Edicións do Cumio (81).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño en "Libros".

Información

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.
 

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro / C.D. Para cantar e bailar. Luís Prego

25,00€

Libro de Luis Prego FernándezIlustracións: Serxio Cobos Martínez (il.)Edicións do Cumio72 páginas; 22x22 cmA grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.Ca chegada dos medios de comunicación masivos –e por riba de todos a televisión– e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude..O libro contén:-Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo.-Explicacións sinxelas da coreografías, Músicas adaptadas e partituras.-Contén un C.D. con música e vídeo

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar.

15,00€13,50€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

Libro. Etno-folk nº 12. Revista Galega de Etnomusicoloxía

13,00€11,70€

-A categorizaçao da música em Portugal: política, discursos, performance e investigaçao (Salwa El-Shawan Castelo-Branco) -A música na construçao do Douro Litoral: coleçao, estudo e divulgaçao de prácticas polifónicas de música da tradiçao oral em Portugal (1947-1959) (María do Rosario Pestana) -A ediçao de música impressa e a meditazaçao do fado: o caso do "Fado do 31" (Gonçalo Antunes de Oliveira, Joao Silva e Leonor Losa) -Devoçao, fartura e transgressoes na festa da Sao Gonçalinho em Aveiro (Daniel Tércio) -O baile popular no Baixo Alentejo no início do século XXI (Carla Nunes) -A música na festa da Pocariça (Carla Minelli) -Descolonizaçao do corpo e do imaginário. A reinvençao da dança na África lusófona contemporânea (Luisa Roubaud) -"Isso também é criar": os covers no repertório de músicos brasileiros em Lisboa (Chistine Dettmann) -Música y danza en el Centro Galego de Lisboa. Entre la representación de la galleguidad y la utilidad pública (Susana Moreno Fernández) -Recençoes 

Libro. Historia de Galicia. David Pérez López

24,95€22,45€

A novidade que ofrece este libro é a alusión á formación da Terra e como nese primeiro gran continente, Panxea, comprobamos que Galicia estaba situada no mesmo centro. A información xeolóxica e biolóxica non é a habitual nos libros de historia, como tampouco é citar a existencia de dinosauros e, máis adiante, das primeiras poblacións de Neanderthais e Homo Sapiens. Este volume revisa e actualiza datos históricos de relevancia. Unha historia de Galicia que chega ata o presente.Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século XX, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

Libro. O Berce das Palletas. A construccións de palletas e pallóns.

9,00€8,10€

O autor, Xosé Ramón Marín Martínez, presenta este traballo que contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construcción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será  entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, dende a Asociaciónde Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans sexa útil e contribribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional.

Libro. Saberes indígenas. Estudios sobre los Tibetanos, los Navajo, y los aborígenes australianos.

24,00€21,60€

Nechung, el oráculo de Estado tibetano que jamás se ha equivocado; Sam Begay, el hombre medicina que cura con la belleza y Emily Kame Kngwarreye, la «Matisse del desierto australiano», son los guías de este estudio inédito llevado a cabo en el corazón de los saberes indígenas. Tres iniciadores, tres pueblos, tres temas: la profecía, la salud y el arte. Sylvie Crossman y Jean-Pierre Barou han tenido un gran contacto con estos maestros, han recibido sus confidencias, han compartido su vida y sus ceremonias en las estribaciones del Himalaya, en las llanuras de Arizona y en los confines de Australia. No son ni viajeros en busca de exotismo ni etnólogos cargados de prejuicios. Ni los siguen a ciegas, ni se compadecen de ellos. Son nuevos exploradores. Con ellos descubriremos que la sabiduría ancestral es un conocimiento verdadero. Además, actualmente, los científicos más prestigiosos otorgan validez a los saberes indígenas. Occidente se plantea cuestiones y la Naciones primigenias ofrecen respuestas. Estamos a las puertas de una nueva revolución copernicana.

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.