Tutú Danza. Vestimos la danza.

Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Compartir:

Libro infantil. Soñei que era unha árbore(Edicións do Cumio)

Comprar Libro infantil. Soñei que era unha árbore por 12,95. Producto en stock, recogida en tienda y envío desde 4,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro infantil. Soñei que era unha árbore pertenece a la categoría Libros (42) y a la marca Edicións do Cumio (81).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro infantil. Soñei que era unha árbore en "Libros".

Información

MARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWA
Non é nada aburrido ser unha árbore, rodeado de animais e xogando co vento e as sombras do sol entre as túas pólas. A noite que Lucas soñou que era unha árbore non sabía que estaba soñando algo realmente especial: un soño no que todos amaban a Natureza e a respectaban.

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón - Imagen 1

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón

12,95€

Cando escoito o teu corazónMARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWACando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia! E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.
Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos. - Imagen 1

Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos.

12,95€

Se Lucas non pode durmir súa nai senta ao seu carón e cóntalle un conto no que el é o protagonista. Xuntos da man pasean polo bosque e baixo a luz da lúa descobren que se pode ser ao mesmo tempo grande e pequeno.

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro / C.D. De aquí para alá. - Imagen 1

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.
Libro Guía. A Nosa Botica. - Imagen 1

Libro Guía. A Nosa Botica.

22,00€

Plantas con interese medicinal que podemos atopar no noso entorno. • Recolección • Partes utilizadas da planta • Preparacións domésticas • Enfermidades máis habituais e o seu tratamento Moitas son as sentenzas nas que descansa a medicina natural. Desde as súas orixes, o home intentou loitar contra a súa mortalidade e a fraxilidade da súa condición. Nun principio invocando entidades ás que lles atribuía un poder, suplicándolles ou esixindo unha resposta verbo da súa propia saúde, a cambio dunha dádiva ou ofrenda.Escritor: Miguel Mosquera Paans.Ilustrador: Ana Nieto AtanesTraductor Ana Nieto Atanes
Libro. El traje regional de Galicia. Grupo Etnogáfico das Mariñas - Imagen 1

Libro. El traje regional de Galicia. Grupo Etnogáfico das Mariñas

35,00€

Este libro é unha segunda edición, que está editada en Castelán, do famoso libro " El traje regional de Galicia" de Nieves de Hoyos Sancho , polo Grupo Etnográfico das Mariñas.Neste libro podedes atopar información do traxe en galicia en xeral, así como descripcións máis completas das zonas das Mariñas, Bergantiños, Compostela ... facendo referencia ao calzado e aportando tamén fotos e láminas antigas. 

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario lexico do mar.

15,00€12,00€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.
Libro.Bailabén. - Imagen 1Libro.Bailabén. - Imagen 2

Libro.Bailabén.

25,00€

Bailabén. Manual de aprendizaxe do baile tradicional galegoEDITH COTILLA QUINTELA , GUSTAVO COUTO RODRÍGUEZCon este manual pretendemos achegar material didáctico ao eido do baile tradicional, ou polo menos dar un primeiro paso nese camiño. É a nosa intención proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria unha ferramenta de axuda nas súas aulas. Así poderán dar a coñecer unha parte moi importante do noso patrimonio inmaterial. Diríxese tamén a todos aqueles afeccionados e ensinantes do baile tradicional que queiran seguir a nosa liña sinxela e didáctica. Neste libro e no DVD que o acompaña atoparedes indicacións e descricións dos movementos de xota e muiñeira reforzadas con fotografías, así como un documento audiovisual de máis dunha hora de duración. Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez son mestres de baile tradicional e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago.
Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño - Imagen 1

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.