Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Libros - Página 3

Libros - Página 3

Encuentra, compara y compra productos de la categoría Libros al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, imágenes, características y precios de artículos de la familia Libros. 42 artículos disponibles.

Novedades, outlet y ofertas en Libros.

Mostrando 6 de 42 productos  (Mostrar todos)

ordenar por

Libro /C.D. Os Xogos Musicais

25,00€22,50€

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”. Contén un CD con 38 cancións.

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

Libro/C.D. Método de Gaita Galega II

25,00€22,50€

Segunda entrega do magnífico manual de ensino da gaita galega de Xaquín Xesteira. Neste caso o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complicadas e do mesmo xeito que no primeiro texto acheganos un CD cunha ampla selección deexercicios.

Libro. Pola liberdade. Luís Costa García

9,00€8,10€

Este libro é un documento histórico único para achegarnos á loita contra a dictadura fanquista. Escrito en primeira persoa por un dos seus máis activos resistentes.

Libro / C.D. Para cantar e bailar. Luís Prego

25,00€

Libro de Luis Prego FernándezIlustracións: Serxio Cobos Martínez (il.)Edicións do Cumio72 páginas; 22x22 cmA grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.Ca chegada dos medios de comunicación masivos –e por riba de todos a televisión– e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude..O libro contén:-Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo.-Explicacións sinxelas da coreografías, Músicas adaptadas e partituras.-Contén un C.D. con música e vídeo

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€19,80€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.