Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Libros

Libros

Encuentra, compara y compra productos de la categoría Libros al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, imágenes, características y precios de artículos de la familia Libros. 41 artículos disponibles.

Novedades, outlet y ofertas en Libros.

Mostrando 41 de 41 productos

ordenar por

Libro/ C.D. De Pano Sedán - Imagen 1

Libro/ C.D. De Pano Sedán

45,00€

Libro de grande formato, que inclúe un CD cos mellores intérpretes de gaita do noso país: Magoia Bodega, Ernesto Campos, Pablo Carpintero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xosé Manuel Fernández, Pablo López Torneiro, Xosé Luís Miguélez, Manoel Muxico, Anxo Pintos, Pepe Romero e Susana Seivane. Publícanse case 300 páxinas de partituras dos autores, con 21 temas gravados por eles no CD e as biografías dos autores e intérpretes.
Libro. Solo de Gaita - Imagen 1

Libro. Solo de Gaita

45,00€

Esta obra pretende ser unha recompilación das composicións de Xesús Vaamonde Manteiga para gaita (nas versións de dúo e solista). O libro acompaña as partituras e comentarios do autor sobre as mesmas, unha pequena «Guía de Audición» e un CD onde se poden escoitar os temas.

Libro. Agustín Lorenzo Loroño

45,00€40,50€

Sinopsis:A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse -cando menos- un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose -ademais- de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.Título: Agustín Lorenzo Loroño o gaiteiro de CatoiraEditorial: CUMIOAño de publicación: 2009Encuadernación: Hardcover 

Libro poesía. De sombras e poemas que son casas. Xosé María Álvarez Cáccamo

15,00€13,50€

DE SOMBRAS E POEMAS QUE SON CASAS (INCLUE CD).A miña nai na praia, tarde turba de ondas a ferver. A miña nai quebrada, brinquedo de latón contra os muros do mar. Que non se entende a música do tempo, onde estarei cando o meu fillo poña neste verso aquela tarde furna, o vento escuro no estupor da luz

Libro poesía. Nacer é unha república de árbores. Chus Pato

15,00€13,50€

Nacer é unha república de árboresAntoloxía poética sonora (INCLUE CD)Autora: Chus Pato.     

Libro. Cascadas de Pontevedra

18,00€16,20€

Esta guía es un registro preciso de la localización, estado e importancia de las cascadas pontevedresas. Su conocimiento y la visita obligada a estos lugares del paraíso será determinante en la sensibilidad social alrededor de esta preciosidad de agua clara en caída libre: pura magia.

Libro Guía de las cascadas de Lugo y Ourense

18,00€16,20€

Las cascadas, por su indudable impacto estético, intentan ser un reclamo para ensalzar nuestro espacio natural, porque sin duda ellas son un aliciente singular del fascinante paisaje ?uvial que reverdece nuestra tierra. Posiblemente las cascadas sean uno de los fenómenos más hermosos que provocó el desmembramiento de Pangea. Al dividirse la Tierra en continentes y originarse una nueva geografía, se produjeron grietas y fuertes desniveles en los cursos ?uviales que junto con la erosión fueron cincelando las paredes graníticas por las que se precipitaban las aguas, que embellecieron los ríos y le dieron a su contorno un particular atractivo. El hechizo de las cascadas alcanzó también a la imaginación popular, que las subsumió en su universo mítico-mágico y dieron origen a toda una serie de leyendas relacionadas con curaciones milagrosas, elucubraciones fantásticas, creencias sobrenaturales, misterios escondidos bajo sus pozas, que signi?caron un importante enriquecimiento de la tradición oral y del folclore. 

Libro. Saberes indígenas. Estudios sobre los Tibetanos, los Navajo, y los aborígenes australianos.

24,00€21,60€

Nechung, el oráculo de Estado tibetano que jamás se ha equivocado; Sam Begay, el hombre medicina que cura con la belleza y Emily Kame Kngwarreye, la «Matisse del desierto australiano», son los guías de este estudio inédito llevado a cabo en el corazón de los saberes indígenas. Tres iniciadores, tres pueblos, tres temas: la profecía, la salud y el arte. Sylvie Crossman y Jean-Pierre Barou han tenido un gran contacto con estos maestros, han recibido sus confidencias, han compartido su vida y sus ceremonias en las estribaciones del Himalaya, en las llanuras de Arizona y en los confines de Australia. No son ni viajeros en busca de exotismo ni etnólogos cargados de prejuicios. Ni los siguen a ciegas, ni se compadecen de ellos. Son nuevos exploradores. Con ellos descubriremos que la sabiduría ancestral es un conocimiento verdadero. Además, actualmente, los científicos más prestigiosos otorgan validez a los saberes indígenas. Occidente se plantea cuestiones y la Naciones primigenias ofrecen respuestas. Estamos a las puertas de una nueva revolución copernicana.

Libro. Canción de Nadal.

9,95€8,95€

Autor: CHARLES DICKENSTraducción e ilustracións: ROSA FUENTES.En Edicións do Cumio podemos atopar a clásica novela de Charles Dickens, Canción de Nadal, adaptada e ilustrada por Rosa Fuentes e protagonizada polo avarento señor Scrooge e os xa célebres espíritos do Nadal Pasado, do Nadal Presente e do Nadal Futuro. Un cálido relato que nos convida a tomar en consideración as cousas que realmente teñen un gran valor na vida. O señor Scrooge vive sumido na súa cobiza e semella odiar a todo aquel que é feliz. Non ten amigos, non visita nunca a súa escasa familia, só se preocupa por gañar máis e máis cartos e ningunha caridade semella conmover o seu corazón, nin sequera no Nadal. Pero aínda está a tempo de mudar, ou iso intentarán facerlle ver os tres espíritos que o visitan nesta noite tan especial. 

Libro infantil. Soñei que era unha árbore

12,95€11,65€

MARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWANon é nada aburrido ser unha árbore, rodeado de animais e xogando co vento e as sombras do sol entre as túas pólas. A noite que Lucas soñou que era unha árbore non sabía que estaba soñando algo realmente especial: un soño no que todos amaban a Natureza e a respectaban.

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón

12,95€11,65€

Cando escoito o teu corazónMARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWACando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia! E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.

Libro infantil. Tan grandes, tan pequenos.

12,95€11,65€

Se Lucas non pode durmir súa nai senta ao seu carón e cóntalle un conto no que el é o protagonista. Xuntos da man pasean polo bosque e baixo a luz da lúa descobren que se pode ser ao mesmo tempo grande e pequeno.

Libro. O trasmundo de Antioqía. Rafael Laso

20,00€18,00€

RAFAEL LASO LORENZOUn mapa do século XVIII no que se agocha un segredo. Unha carta escrita por un home ás portas da morte. A antiga lenda dunha cidade asolagada baixo as augas da lagoa de Antela. Unhas antigas torres que protexen e limitan un mundo diferente. Un mundo onde se agochan os exércitos de cínifes que seguen a agardar polo seu rei Artur. Un mundo no que o tempo non existe. Un mundo no que, de atopar a entrada, acadas algo inimaxinable: a inmortalidade. 

Libro. Arte rupestre en Galicia

25,00€22,50€

AUTORES: ANTONIO DE LA PEÑA SANTOS , BUENAVENTURA APARICIO CASADO , FERNANDO CARRERA RAMÍREZ 50 fichas con más de 200 ilustraciones de los hallazgos más representativos del arte rupestre en Galicia. El arte rupestre gallego, plasmado en el interior de las cámaras megalíticas y en los grabados al aire libre, comienza a ser valorado como uno de los elementos patrimoniales más valiosos del país, capaz de concitar el interés del gran público. Esta guía está concebida para acercarse a esta manifestación cultural de un modo fácil y ameno. Un amplio aparato gráfico —que incluye la localización— y textos directos y precisos facilitan al lector la visita y la comprensión de un mundo en el que el simbolismo se erige en el principal protagonista. Los autores, Buenaventura Aparicio Casado, Fernando Carrera Ramírez y Antonio de la Peña Santos, son reconocidos expertos en la investigación y divulgación del arte rupestre. 

Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci

9,95€8,95€

Autora: ROSSANA CASANO PALADINOUnha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazara sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras... Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.

Libro. Lendas de Ourense. Miguel Mosquera Paans

29,95€26,95€

Desde tempos inmemoriais os pobos foron transmitindo os seus coñecementos, xeración tras xeración a través de historias que exemplifican o saber acumulado. Sobre esa base vivencial e práctica na que se ven inmersos os personaxes das distintas historias, destílase unha sabedoría que sustenta as accións que foron resoltas con maior enxeño. Recompilar un volume destas características, facelo ademais cun límite territorial como se fai neste libro, non é só o resultado dun traballo inxente. Tamén resulta un traballo sociolóxico e de coñecemento de todo un pobo. De aí o seu valor, as historias recollidas aquí viaxaron desde os primeiros séculos da nosa era até os nosos días, pasando oralmente de xeración en xeración até chegar a nós co valor engadido que lle proporciona un gran número de interpretacións que acompasaron a evolución social e tecnolóxica. Agora cando por fin quedan escritas transfórmanse nun patrimonio da cultura que os nosos maiores nos ofrecen como legado. 

Libro. Historia de Galicia. David Pérez López

24,95€22,45€

A novidade que ofrece este libro é a alusión á formación da Terra e como nese primeiro gran continente, Panxea, comprobamos que Galicia estaba situada no mesmo centro. A información xeolóxica e biolóxica non é a habitual nos libros de historia, como tampouco é citar a existencia de dinosauros e, máis adiante, das primeiras poblacións de Neanderthais e Homo Sapiens. Este volume revisa e actualiza datos históricos de relevancia. Unha historia de Galicia que chega ata o presente.Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século XX, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar.

15,00€13,50€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

Libro. Xogos predeportivos. A iniciación deportiva

12,00€10,80€

Autores:RITA M.ª DÍEZ RECHOU , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN-Os xogos predeportivos son aqueles que nos introducen na práctica dun deporte, son sinxelos, con poucas regras e teñen certa similitude cos deportes aos que están destinados. O xogo e os deportes son uns dos contidos primordiais no currículo de Educación Física, tanto na etapa de primaria coma na de secundaria. Por todo iso, e para abordar estes bloques de contidos, é interesante que a introdución á práctica de calquera deporte se poida facer con xogos orientados a tal fin. Iremos do sinxelo e fácil ao máis complexo, mediante unha progresión do xogo cara ao deporte. Xogos de atletismo, de baloncesto, de voleibol, de balonmán, de fútbol sala, de rugby, de hóckey, de hóckey patíns, de bádminton, de ximnasia artística e deportiva, de tenis, de judo, de béisbol, con patíns, patinete e monopatín e con bicicleta.

Libro. Escolma poética de Rosalia de Castro

12,50€11,25€

AUTORES: EVA DEL VALLE , FRANCISCO BLANCO SANMARTÍNOfrecemos unha selección da poesía rosaliana, un percorrido cronobiográfico e un estudio da súa poética.

Libro. Galicia, leyendas desde el confín del mundo. Miguel Mosquera Paans

12,95€11,65€

Galicia, leyendas desde el confín del mundoMIGUEL MOSQUERA PAANSDesde las brumas del tiempo, transmitido por generaciones a través de los siglos, Galicia posee un rico legado de tradiciones orales que han llegado hasta nuestros días, perpetuándose en un territorio conocido desde la noche de los tiempos como el confín del mundo. Lugar donde se alza el antiguo altar del Sol bañado por la Costa da Morte donde cada día se venera la muerte del astro rey. Tierra llena de misterio y leyendas que evocan un destino cargado de magia, donde sus moradores comparten su vieja identidad y saber con quien esté dispuesto a conocerlos. 

Libro Guía de los castros de Galicia

25,00€22,50€

GUÍA DE LOS CASTROS DE GALICIAFRANCISCO LUÍS BOLUDA BARREIRO , MANUEL REBOREDO TAXES , XOSÉ RAFAEL DORRIBO CAOPorque Galicia es un viejo país que viene de tiempo atrás. Porque aún quedan mitos sin contrastar con rigor científico. Porque alrededor de la cultura castrexa son muchas las ignorancias y los mundos por descubrir. Por estas y algunas razones más, era necesaria una «Guía de los castros de Galicia». Los autores dan respuesta alas preguntas que nos podemos hacer sobre los castros: qué son? cómo vivían nuestros antepasados? que ídolos adoraban?... Completa la guía unha descrición de los castros más importantes de Galicia —Santa Tegra, Baroña, San Cibrán de lás...—, cómo se llega a ellos, que se encontró ...

Libro Guía. Cogomelos dunares do litoral atlántico galego.

17,00€15,30€

AUTOR: J. M. C. MARCOTEOs sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional. 

Libro Guía. A Nosa Botica.

22,00€19,80€

Plantas con interese medicinal que podemos atopar no noso entorno. • Recolección • Partes utilizadas da planta • Preparacións domésticas • Enfermidades máis habituais e o seu tratamento Moitas son as sentenzas nas que descansa a medicina natural. Desde as súas orixes, o home intentou loitar contra a súa mortalidade e a fraxilidade da súa condición. Nun principio invocando entidades ás que lles atribuía un poder, suplicándolles ou esixindo unha resposta verbo da súa propia saúde, a cambio dunha dádiva ou ofrenda.Escritor: Miguel Mosquera Paans.Ilustrador: Ana Nieto AtanesTraductor Ana Nieto Atanes

Libro. Cantos de sol a sol. Xosé Neira Vilas

25,00€22,50€

A obra de Neira Vilas presentase en formato de libro-CD o se tratar de poemas musicados pool compositor estradense Xosé Lueiro. Conta con ilustracions de Xosé Vizoso en cada poema.Os poemas musicados sno interpretados  polos artistas: María do Ceo, Manoele, Lucía Azurmendi , Carme Rey, Felisa Segade e Xabier Díaz. O traballo está editado por Galinova.  

Libro. O Berce das Palletas. A construccións de palletas e pallóns.

9,00€8,10€

O autor, Xosé Ramón Marín Martínez, presenta este traballo que contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construcción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será  entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, dende a Asociaciónde Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans sexa útil e contribribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional.

Libro. De Roda en Roda. Músicas e danzas do mundo.

15,00€13,50€

Neste libro, os autores, vencellados dende hai moitos anos ao mundo da danza popular, ofrecen unha escolmade 21 pezas tradicionais de diversas partes do mundo, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no C.D. que acompña o libro con instrumentos propios dos seus paisesde orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sin bailar. 

Libro. O Traxe Muradán

120,00€

O autor, Francisco Rodríguez Fernández, presenta este traballo  para que o público, interesado na indumentaria tradicional, coñeza de primeira man un dos traxes  máis nomeados en toda Galiza, e que sen dúbida,  é un dos máis descoñecidos e imitados falsamente.Unha edición limitada, en galego, que consta de 376 páxinas en branco e negro e a toda cor con encadernación ao cromo en tapa dura, 23x30cm. Cunha tirada de cincocentos exemplares, dos cales, este, é un dos últimos que quedan.

Libro. Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa

20,00€18,00€

Cruces e Cruceiros Antigos de Vilagarcía de Arousa está editado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións. En 1979 a editorial comezou a súa primeira singladura en Galicia. O seu catálogo ten máis de 600 obras. O Servizo de Publicacións está especializado en Ciencias Técnicas, Ciencias Humanas e Sociais e Literatura. O catálogo da editorial conta cas seguintes coleccións: Fillos Ilustres da Provincia de Pontevedra, Colección Tambo, Patrimonio documental da Provincia de Pontevedra, Etnografía, Socioloxía e Antropografía, Ensaio e Investigación... Autores destacados como Manuel M. Romón, Eliseo Alonso Rodríguez, Antonio Álvarez Corbacho, Olimpio Arca Caldas e Rafael Vallejo Pousada  publicaron as súas obras na Deputación Provincial de Pontevedra. Servicio de Publicacións.Autores: Xosé RamónMarín Martínez e Clodio González Pérez

Libro. Las divisiones provinciales de Galicia

9,00€8,10€

O propósito da obra é artellar o caso particular de Vigo e Pontevedra nun estudio máis amplo encol da xénese e as máis sobranceiras vicisitudes da vixente división provincial de Galicia, para tentar deste xeito de paliar a sorprendente lagoa historiográfica que amósase nunha cuestión tan fundamental, non só nesta Comunidade Autónoma senón en toda España. En definitiva, como pódese comprobar, a rivalidade entre Vigo e Pontevedra pola capitalidade provincial –tal como se analiza neste libro- está inserta no marco das divisións provinciais do século dezanove e, lonxe de ser unha mera curiosidade histórica de interese nitidamente anecdótico, nos leva a pensar sobre cuestións esenciais para o futuro do réxime local español.

Libro. Etno-folk nº10. Revista galega de etnomusicoloxía.

13,00€11,70€

Especial museos de instrumentos La colección de instrumentos de la Fundación Joaquín Díaz, por Joaquín Díaz Apéndice I: Fotografías de algunos instrumentos pertenecientes a la colección de la Fundación Joaquín Díaz El Museo Internacional de la Gaita de Gijón, por Juan Alfonso Fernández García El Museo de la Música de Urueña, por Luis Delgado Recesións de libros, revistas, partituras e gravación

Libro. Etno-folk nº 5. Revista Galega de Etnomusicoloxía

13,00€11,70€

Artigos -Galiza na obra impressa de Eduardo Martínez Torner (José Luís d.P. Orjais) -Recursos de interpretación da gaita do fol (Juanjo Fernández) -La actividad coral en la música popular latinoamericana (Eduardo Correa) -Gaitas e gaitas de fol galegas con cantores tipo óboe (Pablo Carpintero) Recensión de libros, partituras e gravacións 

Libro. Etno-folk nº14-15. Revista galega de etnomusicoloxía

30,00€27,00€

La etnomusicología en la Universidad de Valladolid (Enrique Cámara de Landa) Músicas populares, espacios urbanos e ideologías: la ciudad de Valladolid a comienzos del siglo XXI ()Marita Fornaro Bordolli La fiesta de la Cruz de Mayo en la Cofradía de la Vera Cruz de Valladolid (Mª del Sagrario Medrano del Pozo) Iniciativas de cambio musical en la Semana Santa de Valladolid (Mª José Valles del Pozo) La Fonoteca de la Biblioteca Pública Estatal de Castilla y León (Trinidad Gancedo Herreras) Taxonomía de los géneros en la música tradicional castellano-leonesa(Mª Dolores González Canalejo) La música como narradora de una realidad festiva a lo largo de cinco siglos en las fiestas de San Juan de Soria (Mª José Martínez Vicente) Revisión de los canales de actualización de la tradición musical en la región leonesa (Camino Vega Rodríguez) La dulzaina castellana. ¿Instrumento efectivamente dulce en cuanto a sonoridad? (Alberto Jambrina Leal) Aproximación organológica a la dulzaina. Denominaciones, afinaciones y sistemas de digitación y lectura (Elías Martínez Muñiz) Aproximación al estudio de la charanga: historia, repertorio, funciones (José Miguel Martín Olalla) Prácticas musicales y discursivas en la construcción identitaria de la Comunidad Autónoma de Cantabria (Susana Moreno Fernández) El empleo de la proyección folklórica como recurso compositivo en la Misa Popular Cántabra (1996) (Laura Oti Ruiz) Cuando se tocaba era la única forma de expresar cosas: la música como forma de comunicación (Grazia Tuzi) Los animeros de Caravaca (Murcia): indicadores para un análisis del pasado, presente y futuro en las cuadrillas del Sureste español (Julio Guillén Navarro) Danzas circulares: la danza prima (Elena Le Barbier Ramos) Ni rojo ni blanco: el mito de la Guerra Civil española en la historiografía sobre el jazz (Iván Iglesias Iglesias) La búsqueda del ballet español en Mariemma o la amalgama de lo nacional en Ibérica (1964) (Victoria Cavia Naya) Música y poder: el ministerio de la música en la Iglesia Evangélica de Filadelfia (Soledad Flórez López) La influencia india en el parámetro rítmico de la música occidental (Raquel Aller Tomillo) Música Sopanam. El papel de la creación individual en el devenir de una tradición (Ignacio Corral Bermejo) Música instrumental en los templos de Kerala (India) (Mª González Legido) La danza teke: relaciones entre música y cultura en la sociedad bariba de Benín (Carlos Herrero Marco) La salsa en disputa. Apropiación, propiedad intelectual, origen e identidad (Rubén López Cano) Villa-Lobos y el uso del folclore como impulso para la modernidad (Edson Zampronha) "El riesgo, el peligro, la adrenalina, el misterio, la magia del verso improvisado". Entrevista con Wilson Saliwonczyk (Matías Nicolas Isolabella) Murga y carnaval, de "cosas de negros" a patrimonio ciudadano. Construcción de identidad en la murga porteña (Salvatore Rossano) Del arpa de Viggiano al organito porteño (Aníbal Enrique Cetrangolo) Preservación del patrimonio musical. La necesaria digitalización de la memoria sonora (Mikel Díaz-Emparanza Almoguera) Arqueología musical y etnomusicología: por una interpretación etnomusicológica de los materiales arqueológicos (Raquel Jiménez Pasalodos) Música y cuerpo en la interpretación musical: las sensaciones corporales a través de las propiocepciones (Alicia Peñalba Acitores) 

Libro. Etno-folk nº 12. Revista Galega de Etnomusicoloxía

13,00€11,70€

-A categorizaçao da música em Portugal: política, discursos, performance e investigaçao (Salwa El-Shawan Castelo-Branco) -A música na construçao do Douro Litoral: coleçao, estudo e divulgaçao de prácticas polifónicas de música da tradiçao oral em Portugal (1947-1959) (María do Rosario Pestana) -A ediçao de música impressa e a meditazaçao do fado: o caso do "Fado do 31" (Gonçalo Antunes de Oliveira, Joao Silva e Leonor Losa) -Devoçao, fartura e transgressoes na festa da Sao Gonçalinho em Aveiro (Daniel Tércio) -O baile popular no Baixo Alentejo no início do século XXI (Carla Nunes) -A música na festa da Pocariça (Carla Minelli) -Descolonizaçao do corpo e do imaginário. A reinvençao da dança na África lusófona contemporânea (Luisa Roubaud) -"Isso também é criar": os covers no repertório de músicos brasileiros em Lisboa (Chistine Dettmann) -Música y danza en el Centro Galego de Lisboa. Entre la representación de la galleguidad y la utilidad pública (Susana Moreno Fernández) -Recençoes 

Libro / C.D. Traca-Traco

25,00€22,50€

Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense.Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso Otero Regal.CONTIDO:— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo

Libro /C.D. Os Xogos Musicais

25,00€22,50€

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”. Contén un CD con 38 cancións.

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

Libro/C.D. Método de Gaita Galega II

25,00€22,50€

Segunda entrega do magnífico manual de ensino da gaita galega de Xaquín Xesteira. Neste caso o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complicadas e do mesmo xeito que no primeiro texto acheganos un CD cunha ampla selección deexercicios.

Libro. Pola liberdade. Luís Costa García

9,00€8,10€

Este libro é un documento histórico único para achegarnos á loita contra a dictadura fanquista. Escrito en primeira persoa por un dos seus máis activos resistentes.

Libro / C.D. Para cantar e bailar. Luís Prego

25,00€

Libro de Luis Prego FernándezIlustracións: Serxio Cobos Martínez (il.)Edicións do Cumio72 páginas; 22x22 cmA grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.Ca chegada dos medios de comunicación masivos –e por riba de todos a televisión– e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude..O libro contén:-Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo.-Explicacións sinxelas da coreografías, Músicas adaptadas e partituras.-Contén un C.D. con música e vídeo

Libro / C.D. De aquí para alá.

22,00€19,80€

Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais.Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.