Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Compartir:

Libro. Cen pezas do traxe do Val do Ulla(Tradicional)

Tradicional

Comprar Libro. Cen pezas do traxe do Val do Ulla con 10,00% de descuento por 18,00 (antes 20,00). Producto en stock y envío desde 4,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro. Cen pezas do traxe do Val do Ulla pertenece a las categorías Indumentaria Tradicional (142) y Libros (45) y a la marca Tradicional (53).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro. Cen pezas do traxe do Val do Ulla en "Libros".

Información

Cen  pezas do traxe do Val do Ulla
Autores: Francisco Collantes  Carollo e José Luis Rodríguez Álvarez
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
ISBN: 978-84-17094-75-1
Nº de páxinas: 138

Dez anos de investigación e procura de roupa tradicional no Val do Ulla culminan na presentación deste extenso catálogo etnográfico.

Libro. O Traxe Muradán

120,00€

O autor, Francisco Rodríguez Fernández, presenta este traballo  para que o público, interesado na indumentaria tradicional, coñeza de primeira man un dos traxes  máis nomeados en toda Galiza, e que sen dúbida,  é un dos máis descoñecidos e imitados falsamente.Unha edición limitada, en galego, que consta de 376 páxinas en branco e negro e a toda cor con encadernación ao cromo en tapa dura, 23x30cm. Cunha tirada de cincocentos exemplares, dos cales, este, é un dos últimos que quedan.

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro / C.D. Método de Gaita Galega I

25,00€22,50€

O método de gaita que tedes nas vosas mans é froito da experiencia que Xaquín Xesteira adquiríu durante os vinte anos que leva impartindo o ensino da gaita. Nos 93 cortes do CD que acompañan ao método o autor acheganos exercicios e melodías interpretadas por el mesmo para ilustrar con máis eficacia os exercicios propostos no texto.LIBRO +CD

Libro /C.D. Os Xogos Musicais

25,00€22,50€

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”. Contén un CD con 38 cancións.

Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci

9,95€8,95€

Autora: ROSSANA CASANO PALADINOUnha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazara sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras... Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.

Libro. Etno-folk nº 5. Revista Galega de Etnomusicoloxía

13,00€11,70€

Artigos -Galiza na obra impressa de Eduardo Martínez Torner (José Luís d.P. Orjais) -Recursos de interpretación da gaita do fol (Juanjo Fernández) -La actividad coral en la música popular latinoamericana (Eduardo Correa) -Gaitas e gaitas de fol galegas con cantores tipo óboe (Pablo Carpintero) Recensión de libros, partituras e gravacións 

Libro. Xogos predeportivos. A iniciación deportiva

12,00€10,80€

Autores:RITA M.ª DÍEZ RECHOU , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN-Os xogos predeportivos son aqueles que nos introducen na práctica dun deporte, son sinxelos, con poucas regras e teñen certa similitude cos deportes aos que están destinados. O xogo e os deportes son uns dos contidos primordiais no currículo de Educación Física, tanto na etapa de primaria coma na de secundaria. Por todo iso, e para abordar estes bloques de contidos, é interesante que a introdución á práctica de calquera deporte se poida facer con xogos orientados a tal fin. Iremos do sinxelo e fácil ao máis complexo, mediante unha progresión do xogo cara ao deporte. Xogos de atletismo, de baloncesto, de voleibol, de balonmán, de fútbol sala, de rugby, de hóckey, de hóckey patíns, de bádminton, de ximnasia artística e deportiva, de tenis, de judo, de béisbol, con patíns, patinete e monopatín e con bicicleta.

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.